Eventos

BASES CONCURSO DEBUXO E NARRACIÓN «NOITE DE SAMAÍN»

Con motivo da celebración da “Noite do Samaín”, a empresa “Couto Mixtour” presenta un programa completo para o día 31 de Outubro adicado a esta celebración de orixe celta, dentro do cal convoca o Primeiro Concurso Infantil de debuxo e narración. O fin do concurso é a participación activa da infancia nas tradicións galegas e fomentar a creatividade artística entre a poboación infantil.

               O plazo de presentación dos traballos estará aberto ata o día 28 de Outubro de 2020. Para máis información contactar no 646.021.194 ou en actividades@coutomixtour.com

BASES:

  1. Poderán presentar traballos os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, establecéndose tres categorías e tipoloxía de traballos:
  2. DEBUXO: Entre 3 e 6 anos (alumnado de educación infantil)
  3. DEBUXO: Entre 7 e 8 anos (alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria)
  4. NARRATIVA: Entre 9 e 12 anos (alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria)
  5. Cada neno ou nena poderá presentar un total de 2 traballos.
  6. Os traballos de DEBUXO serán realizados sen axuda de adultos e poderán usar todo tipo de técnicas artísticas (ceras, pinturas al óleo, acrílicos, lápices de cores, rotuladores, lápiz…)
  7. Os traballos de NARRATIVA serán realizados sen axuda de adultos e terán que ter una extensión mínima dunha páxina e máxima de 50. Poderán ser presentados a bolígrafo ou impresos.
  8. Establécese un agasallo de participación para cada traballo
  9. Establécense tres premios (1º, 2º e 3º) para cada una das categorías
  10. Os traballos estarán espostos no restaurante “Chaves do Couto” situado na aldea de Meaus (Concello de Baltar)
  11. A entrega dos premios terá lugar o sábado 31 de Outubro no bar “Chaves do Couto” as 19:00 horas, dentro da programación “Noite de Samaín” que terá lugar ese día con actividades para familias e infancia.
  12. O xurado estará composto por persoal da empresa “Couto Mixtour”, así como outras personas relacionadas co mundo da cultura.
  13. A participación no concurso conleva a aceptación das bases, así como das decisión e fallo do xurado.
  14. O prazo de presentación estará aberto ata o mércores 28 de outubro de 2020.